Licenciada en Pedagoxía pola USC e doutora en Psicopedagoxía pola UVigo. Profesora titular en Tecnoloxía educativa. Docente en materias relacionadas coas TIC, Prácticum e TFG/TFM. A súa investigación versa sobre a innovación e a investigación educativa a través dos recursos educativos dixitais, as TIC para a inclusión educativa e o Prácticum. As máis de 200 publicacións xiran sobre estes temas. Foi investigadora en máis de 25 proxectos financiados en convocatorias competitivas, sendo en tres deles a investigadora principal. Participa activamente na formación de xóvenes investigadores titorizando bolsas de FPU e contratos predoutorais da Xunta de Galicia. Actualmente é titora e directora de teses no Doutoramento Interuniversitario en Equidade e Innovación en Educación.